O mellor camposanto de España está en Lalín: a Fraga do Alén
A ampliación do cemiterio municipal obtivo ademais o galardón Natureza Viva pola integración dunha carballeira no conxunto
O proxecto é obra dos estudios Promove Arquitectura e LaND3
Competía con camposantos de Alcalá de Henares, Bilbao e Mallorca
Cando un accede á Fraga do Alén en Lalín, non o invade o ambiente triste e gris dun camposanto tradicional. É o resultado do innovador proxecto de ampliación do cemiterio municipal da Rómea, desenvolvido polos estudios Promove Arquitectura e LaND3.
Nunha superficie de 32.000 metros cadrados, lograron integrar en perfecta harmonía, a natureza e a vida do máis alá coa cotiá. Un proxecto singular que lle valeu o Premio ao Mellor Camposanto de España. A entrada, a capela, un estanque, un parque de xogos para os nenos e ata un escenario son algúns dos elementos singulares que o definen, como explica Abel Mato, arquitecto técnico do proxecto
A Fraga do Alén tamén logrou o galardón Natureza Viva pola innovadora maneira de integrar a contorna natural: o cemiterio incorporou unha carballeira de case 400 árbores senlleiras, que o fan aínda máis singular e un espazo amable, como explica Pablo Areán, concelleiro de Urbanismo de Lalín.
E así é como os veciños de Lalín se gaban de ter o mellor camposanto de España.