Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Canarias, moi castigadas pola borrasca Therese, rexistran máis de 700 incidencias

As Canarias, moi castigadas pola borrasca Therese, rexistran máis de 700 incidencias

 Precipitacións intensas, estradas cortadas, cauces desbordados e voos cancelados conforman un panorama preocupante nas illas

G24.gal 21/03/2026 21:35 Última actualización 21/03/2026 22:06

A primavera e as Canarias son palabras que parecen xerar unha promesa de bo tempo, pero as illas están sendo castigadas duramente pola borrasca Therese. Un exemplo de vía cortada: a que une Ayacata e Tejeda en Gran Canaria, cunha rocha de grandes proporcións atravesada. Os desprendamentos nas estradas centraron tamén as incidencias na Gomera e Lanzarote. Hai xa máis de 700 incidentes rexistrados no conxunto das illas.

E máis de 30 concellos mantiñan pechados os accesos a cavorcos, pero algúns non podían resistir a tentación.

"Temos cultivos e vimos mirar", explica unha muller que contempla un barranco desde unha ponte . Recibe unha advertencia :"Teñan coidado". "Si, sabémolo", replica ela.

Non faltan os que bendicen a choiva como un don inesperado:

"Velo asi é unha marabilla. Había moitos anos que non viña así, moitísimos anos de verdade, e estamos encantados. Isto é unha gozada" conta un home compartindo escenario coa muller anterior.

A diferenza de onte, na mañá deste sábado viviuse unha certa tregua, pero as choivas torrenciais e os ventos de ata 100 quilómetros por hora regresaron pola tarde. Gran Canaria declaraba hai unhas horas o nivel de emerxencia 1, pero desmentía que a presa de Agaete estea "a punto de colapsar". O que queda é un longo traballo para superar os asolagamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade