Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellada unha rede de distribución de cocaína na provincia da Coruña

Desartellada unha rede de distribución de cocaína na provincia da Coruña

Na operación incautáronse de case seis quilos de cocaína e detiveron seis persoas en Arteixo e Fisterra

G24.gal 20/09/2025 17:42 Última actualización 20/09/2025 18:41

A Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira da Coruña desartellaron unha organización criminal dedicada á distribución de cocaína na provincia da Coruña.

No marco da operación Roble, descubriron que a rede tiña a súa base no concello de Arteixo e que, dende alí, repartían a droga por outras localidades. Despois, branqueaban os cartos de distintos xeitos.

Durante a investigación, lograron dar co líder da organización que conseguía a mercadoría noutros puntos do territorio galego coa axuda de varios colaboradores.

Unha vez identificados os membros da trama, o 17 de setembro as forzas de seguridade rexistraron sete domicilios de xeito simultáneo coa axuda de unidades especializadas.

Seis quilos de cocaína

Como resultado, incautáronse de case seis quilos de cocaína, de numerosas doses preparadas, de utensilios para cortar a droga e dispositivos electrónicos. En total, detiveron seis persoas en Arteixo e Fisterra.

Tamén requisaron 80.000 euros en efectivo, máis dun cento de boletos de apostas para branquear o capital, vehículos, armas simuladas e pasamontañas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade