Cargando resultados...
A desconfianza e o desencanto coas aplicacións de citas medra entra as xeracións máis novas
Nestas axencias a maior parte dos usuarios continúan a ser os maiores de 35 anos
Nas axencias matrimoniais están a constatar nos últimos tempos esta tendencia
G24.gal
20/09/2025 15:30
Última actualización 19/09/2025 21:07
Na procura de relacións amorosas semella que a vía online perde seguidores. Desencantados coas aplicacións de citas, tan en voga hai anos, cada vez hai máis xente nova que busca outras alternativas para atopar parella.
Fórmulas máis tradicionais como recorrer a mediadores como poden ser as axencias matrimoniais.
Con todo, nestas axencias a maior parte dos usuarios continúan a ser os maiores de 35 anos. Un servizo de asesoramento sen límite de tempo que pode oscilar entre os 700 e os 2.000 euros.