Detido en Ordes por picar as rodas do coche da súa exparella e doutros doce máis
O que parecía un acto de vandalismo era realmente un ataque contra a súa exparella, ca que tiña unha orde de afastamento por un caso de violencia machista
As picadas, que foron feitas como manobra de distración para picar o coche da exparella, producíronse a menos de 150 metros do domicilio da vítima
O detido foi posto a disposición do Xulgado encargado de Violencia de Xénero do partido xudicial de Carballo
Un home, veciño da localidade de Zas, foi detido pola Garda Civil na tarde do luns tras ser acusado de picar as rodas de máis dunha ducia de vehículos que permanecían estacionados na avenida de Fisterra do concello coruñés de Carballo.
Os feitos que se lle atribúen ocorreron na noite do pasado sábado, 24 de xaneiro, cando Axentes da Policía Local de Carballo acudiron á Avenida de Fisterra tras recibir varios avisos pola picada das rodas de varios vehículos estacionados na vía pública. Tras unha primeira inspección superflua, os axentes locais deron traslado das actuacións á Garda Civil, identificando un total de trece vehículos prexudicados.
Durante o análisis detallado dos danos, a Garda Civil percatouse que soamente había un vehículo cas catro rodas picadas, mentres os outros presentaban simplemente danos aleatorios, o que fixo sospeitar aos axentes de que non se trataba simplemente dun acto vandálico.
Tras a identificación da dona de ese vehículo en particular, comprobouse que correspondía a unha vítima de violencia de xénero, cunha orde de protección en vigor respecto á súa exparella, o presunto autor dos feitos.
As investigacións posteriores conseguiron ademais de identificar ao presunto autor, confirmar o quebrantamento da orde de afastamento, posto que as picadas producíronse a menos de 150 metros do domicilio da vítima, dentro da área de exclusión fixada xudicialmente para protexela.
O detido, que xa conta con antecedentes policiais previos por delitos de violencia de xénero e quebrantamentos doutras ordes, utilizaría o ataque aos outros vehículos coma manobra de distracción para camuflar o obxectivo principal: o coche da súa exparella.
O detido foi posto a disposición do Xulgado encargado de Violencia de Xénero do partido xudicial de Carballo.
Segundo detallou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o home quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial, aínda que é investigado por delitos de quebrantamento de condena, no ámbito de violencia sobre a muller, e danos.
De oficio, acordouse, como medida cautelar, a prohibición de residir e acudir á localidade de Carballo.