Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vinte e un anos de cárcere por golpear e agredir sexualmente a súa parella en Pontevedra

Vinte e un anos de cárcere por golpear e agredir sexualmente a súa parella en Pontevedra

O tribunal considera que o acusado é autor de dous delitos de agresión sexual, dúas de lesións no ámbito da violencia sobre a muller e un de coaccións leves sobre a súa parella

A sentenza non é firme e pode ser recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Imaxe de arquivo da Audiencia Provincial de Pontevedra Imaxe de arquivo da Audiencia Provincial de Pontevedra
G24.gal 22/12/2025 15:38

A Audiencia de Pontevedra condenou a 21 anos de cárcere a un home que golpeou e agrediu sexualmente en varias ocasións á súa parella en Pontevedra durante o mes de agosto de 2022.

O tribunal considera que o acusado é autor de dous delitos de agresión sexual, dúas de lesións no ámbito da violencia sobre a muller e un de coaccións leves sobre a súa parella.

Absolveuno, pola súa banda, do delito de malos tratos habituais no ámbito da violencia sobre a muller polo que tamén fora investigado.

Os maxistrados da sección cuarta da Audiencia de Pontevedra determinar como probado que a parella mantivo unha relación sentimental durante un ano.

Nun dos episodios denunciados pola vítima, o acusado propinoulle diversas patadas e puñadas polo corpo e obrigouna a manter relacións sexuais contra a súa vontade, algo que fixo, segundo os xuíces, "desde unha posición dominante como home".

Noutra ocasión, tras agredila e golpeala, expulsouna do seu propio piso vestida unicamente cunha camiseta, impedíndolle a entrada á vivenda e tendo a muller que pedir auxilio a unha veciña, quen lle prestou o teléfono para chamar á policía.

O tribunal fundamenta a súa resolución principalmente na declaración da vítima, valorada como "coherente e persistente".

O seu relato, segundo recollen vos maxistrados na súa resolución, viuse reforzada polas declaracións das testemuñas e dos axentes policiais, que confirmaron o estado no que se atopaba a muller e as circunstancias posteriores ás agresións.

A sentenza non é firme e pode ser recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade