Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cubrir un parte de accidente de tráfico, un aunténtico quebracabezas

Cubrir un parte de accidente de tráfico, un aunténtico quebracabezas

Non asinar se non estamos de acordo, indicar os ocos baleiros, facer fotos e chamar á policía en casos graves ou desavinzas son algunhas das recomendacións

G24.gal 07/04/2026 18:53

Encher un parte de accidentes de tráfico é para algúns moi doado e xa se pode facer desde o móbil. Pero responsables de autoescolas e seguros dannos algúns consellos.

Non asinar nunca senón estamos de acordo; cubrir o oco en que poñemos que cadros están baleiros e facer sempre fotos son algunhas das recomendacións. En casos graves chamar sempre á  policía ou cando son varios os vehículos implicados.

Os que peor o pasan facendo partes son os condutores noveis. Din que se tería que ensinar nas autoescolas. Os máis veteranos recomendan ter un bo seguro a todo risco e ler ben as condicións; non coller o máis barato.

Desde hai algún tempo o trámite tamén se pode facer por unha app no móbil. É cómodo e legal pero os expertos prefiren o papel.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade