Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medra o interese polos viños sen alcol

Medra o interese polos viños sen alcol

Entre os motivos está o cambio de hábitos de consumo ou a busca de alternativas máis saudables

As novas técnicas de desalcolización permiten obter viños cada vez máis parecidos aos orixinais

G24.gal 07/04/2026 21:06 Última actualización 07/04/2026 21:35

Hai tan só uns meses que Viña Costeira sacou ao mercado o seu primeiro viño 0,0. Máis de 7 mil botellas das que poucas quedan.

Fíxoo tras constatar un cambio nas tendencias de mercado que apuntan, dende hai anos, a un crecemento da demanda de bebidas sen alcol.

Manuel Castro, enólogo da cooperativa, destaca o cambio de hábitos de consumo, sobre todo entre os máis novos, e a aposta por productos máis saúdables.

O viño elabórase de xeito convencional e despois sométese a un proceso de desalcolización.

A evolución tecnolóxica permite que o resultado final conserve cada vez máis os aromas e os matices do orixinal.

O consumo deste tipo de produto medrou ao redor dun 30 por cento no último ano.

A súa produción aínda é testemuñal, pero presentase como unha nova alternativa de negocio para as adegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade