As xeadas deixan un rastro de viñas queimadas no Ribeiro
En zonas puntuais coma en Castrelo de Miño hai cepas moi danadas
Haberá que agardar a ver como evoluciona a planta para valorar as perdas
A xeada estraga viñedos do Ribeiro. Foi en localizacións moi puntuais, pero nas zonas nas que arrimou, coma en Castrelo de Miño, os danos nas cepas son moi importantes.
Haberá que agardar a ver como evoluciona a planta para valorar as perdas, pero estas xeadas na época de agromar son moi perigosas; están en alerta ata que non chegue o mes de maio.
Os estragos que provocou a xeada na Denominación de Orixe de viño Ribeiro vense ben, por exemplo, nunha viña de godello en Castrelo de Miño. As follas están queimadas e os acios que acababan de abrollar están negros tamén.
E é que na comarca do Ribeiro pasaron de acadar 32 graos a semana pasada aos cero graos de mínima o domingo.
Os técnicos de campo de Viña Costeira que revisan se tamén se queimou este viñedo de recente plantación. Os acios tiñan que estar verdes e vivos. Despois dun inverno húmido e uns días de calor as plantas estaban verdes e tenras e onde xeou, afectou moito.
Quedan 15 días moi complicados, unha gran xeada neste tempo pode botar a campaña a perder e os viticultores están a alerta.
Os técnicos recomendan botar nas cepas afectadas un fertilizante foliar para acelerar a súa recuperación.