Publicador de contidos

Publicador de contidos

As viñas das Rías Baixas libran dos ataques de mildio, pero afrontan alto risco de oídio

As viñas das Rías Baixas libran dos ataques de mildio, pero afrontan alto risco de oídio

O ciclo leva unha semana de adianto pola calor da primavera

Aconsellan ventilar os viñedos para previr a aparición do oídio

 

 

G24.gal 15/06/2026 14:26 Última actualización 15/06/2026 15:02

No Salnés as viñas continúan o seu camiño cara á vendima cunha semana de adianto na maduración e un aspecto do máis saudable. E iso que a campaña comezou cun sobresalto nesta zona, o provocado polo pedrazo do mes de abril.

"Aínda hoxe vemos danos nas viñas como despuntes pequenos ou follas rotas pero en xeral recuperaron ben. Foi un pedrazo potente pero chegou nun estadío na que a viña puido recuperar", explica Alberto Barral, responsable de viticultura na Cooperativa Condes de Albarei.

Polo demais está a ser unha primavera cálida pero tranquila, sen ataques destacados do temido mildio nas parras de albariño.

"Polos coidados dos viticultores e polas condicións de clima este ano, polo momento, está sendo tranquilo e benévolo para as enfermidades", comenta Alberto Barral.

"As condicións de temperaturas tan altas que tivemos, por riba de 36 ou 37 graos durante varias horas, logran que o Mildeu se desactive bastante", explica Rosa Pérez Otero, responsable dos avisos fitosanitarios da Estación do Areeiro.

Pero moito ollo, o perigo está agora noutro fungo, o oídio, que resiste a calor abafante e ataca cando a uva ten o tamaño dos chícharos.

"Estes días coma o de hoxe, con luz difusa e néboas densas, son o peor momento, vai empezar forte o Oídeo", advirte Rosa.

Manchas amarelas e unha peluxe gris na folla denotan a chegada do oídio. Un consello para previlo é airear a viña para que entre luz no acio.

"Hai que quitar follas das parras, pero moito coidado, e importante non quitar xusto as follas que están xusto enfrontadas aos acios, porque os acios teñen que alimentarse con esas follas", explica a responsable dos avisos fitosanitarios da Estación do Areeiro.

Agardan que a prevención funcione e que os acios sigan o ciclo con normalidade ata se transformar en viño, aló polo mes de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade