Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ovellas nas viñas para reducir a pegada de carbono

Ovellas nas viñas para reducir a pegada de carbono

"Non molestan ás vides, rozan e non necesitan estar estabuladas", explican na adega Granbazán de Vilanova de Arousa onde estes animais fan un pastoreo rotacional

O rabaño leva quince días pacendo na parcela de Tremoedo que a adega Granbazán ten en Vilanova de Arousa
G24.gal 08/01/2026 13:42

25 ovellas pacen desde hai un par de semanas entre as viñas da adega Granbazán na parcela de Tremoedo, en Vilanova de Arousa. A experiencia forma parte dun proxecto máis amplo de mellora da sostibilidade: o selo de certificación Fair'n Green que tamén inclúe a reutilización da auga ou o uso de mantos vexetais.

Co pastoreo buscan reducir a pegada de carbono. As ovellas comen a herba e á vez abonan, polo que evitan o uso de tractores e maquinaria.

As ovellas son da raza texel, oriúndas dos Países Baixos, pero estas proceden dun criador de Lugo. A elección da raza non é banal. As súas características son idóneas para esta función como explica o técnico de campo da adega, Carlos Fernádez. "Non molestan ás vides, rozan e non necesitan estar estabuladas porque están habituadas a pasar as 24 horas á intemperie". 

Fan un pastoreo rotacional cada semana para que sexa mais efectivo xa que do contrario só comerían as herbas que máis lles gustan e deste xeito rozan todo. O pastoreo farase ata o mes de marzo, en que comezan a agromar as vides.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade