Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identifican en Lugo as persoas que estiveron guindando globos con auga contra os coches

Identifican en Lugo as persoas que estiveron guindando globos con auga contra os coches

Ademais dunha conduta incívica supón unha infracción contra a lei de seguridade viaria, xa que pode ocasionar accidentes 

En febreiro persoas descoñecidas lanzaron pedras contra varios vehículos en estradas de Ourense

G24.gal 21/03/2026 14:27 Última actualización 21/03/2026 14:38

Varios coches que circulaban por unha das avenidas de Lugo recibiron o impacto dun obxecto que en principio os automobilistas non identificaron e que finalmente comprobouse que eran globos cheos de auga. Unha trasnada que ocasionou que os condutores denunciasen os feitos ante a policía. 

Axentes de barrio da Policía Local de Lugo foron os encargados de identificar aos autores desta infracción da lei de seguridade viaria que supón un perigo para os automobilistas.

O lanzamento dos globos tivo lugar desde un edificio de Alfonso X, unha vía que da acceso ao campus universitario. Afortunadamente non se produciron danos de gravidade. 

O derradeiro caso, ata o de agora, de lanzamento de obxectos contra os coches, tivo lugar en Ourense, na estrada entre Ribadavia e O Carballiño. Son comportamentos incívicos que, en función das consecuencias, poden derivar en delitos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade