Un Celta ambicioso retoma mañá a Liga diante do Alavés (16:15h)
Claudio fíxa como primeira meta os 43 puntos, para atopar despois novas motivacións
Aínda coa resaca do éxito europeo, o Celta debe centrarse de novo na liga, na que está inmerso na loita pola quinta praza. Recibe mañá en Balaídos a un necesitado Alavés.
Ante o conxunto vitoriano non van estar nin Matías Vecino por lesión nin o sancionado Moriba. Descansarán tamén Marcos Alonso e Starfelt.
A acumulación de compromisos afecta aos de Claudio Giráldez. Óscar Mingueza e Borja Iglesias, ausentes en Lión, serán da partida ante o Alavés. O técnico do conxunto celeste volveu amosar este mediodía o seu lado máis prudente malia o excelente momento do seu equipo: "Temos que sumar 43 puntos e despois seguiremos coas motivacións. Primeiro prudencia. Pero sempre imos querer máis", indicou Giráldez.
O técnico avisa: "É o momento en que máis centrados temos que estar no presente, porque teremos tempo de soñar na semana de parada. Agora hai que centrarse no partido do Alavés"
Sobre o rival, di que "o Chacho xogaba con defensa de tres, con Jonny. Quique ten un debuxo máis claro de tres centrais"
Sobre si mesmo: "Son un máis do equipo, o resto son comentarios dos demais. Eu fago o mei traballo de xeito coherente e apaixonado, é como son como adestrador", concluíu.