Quedan en liberdade con cargos os detidos nunha operación antidroga na zona do Ensanche
Os detidos están acusados dos delitos de tráfico de drogas, usurpación de ben inmobles e tenencia ilicita de armas
O xulgado decretou tamén o desaloxo inmediato das vivendas ocupadas
En Santiago quedaron en liberdade con cargos despois de declarar nos xulgados os catro detidos nunha operación antidroga da Policía Nacional que se desenvolveu na zona do Ensanche. Detivéronas por presuntamente pertencer a unha rede de distribución de drogas.
Os axentes rexistraron varios pisos nos que se sospeitaba que se vendían estupefacientes. Neles, ademais de diferentes tipos de drogas, interviñéronse de armas.
A veciñanza leva tempo denunciando o aumento destes narcopisos na cidade.
Os detidos están acusados dos delitos de tráfico de drogas, usurpación de ben inmobles e tenencia ilicita de armas.
Ademais o xulgado decretou o desaloxo inmediato das vivendas ocupadas.