Cargando resultados...
Tres detidos pola aparición en Moaña dun vigués ensanguentado nunha gabia
A Policía investiga unha suposta pelexa entre coñecidos ocorrida en Vigo
G24.gal
13/05/2026 17:37
A Policía Nacional detivo nas últimas horas tres persoas supostamente relacionadas coa aparición en Moaña dun veciño de Vigo ensanguentado e con múltiples golpes nunha gabia das inmediacións da Autovía do Morrazo.
As primeiras investigacións apuntan a unha suposta pelexa entre persoas coñecidas desenvolvida en Vigo. Posteriormente, trasladaron o ferido ata a parroquia de Meira, en Moaña, onde o abandonaron.
Tras ser localizado, os servizos de emerxencias trasladaron o home a un centro hospitalario para recibir asistencia médica.