Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha crise alérxica pon en cuestión a necesidade de ter adrenalina nos transportes públicos

Unha crise alérxica pon en cuestión a necesidade de ter adrenalina nos transportes públicos

Bruno Martínez e outros viaxeiros médicos auxiliaron unha rapaza no AVE da Coruña a Santiago

Prevían ter que facer unha intervención drástica para que puidese respirar, ao non dispor de adrenalina 

Finalmente un pasaxeiro achegou unha das doses que habitualmente empregan as persoas alérxicas

G24.gal 13/05/2026 15:04

Bruno Martínez é un médico ourensán que está a piques de rematar o seu primeiro ano de formación como especialista en oftalmoloxía en Vigo. Pero esta fin de semana tivo que protagonizar unha intervención de urxencia fóra da súa área sanitaria e da súa especialidade. Viaxaba no AVE de Coruña a Ourense cando, pouco antes de Santiago, pediron por megafonía a axuda dun médico. Bruno acudiu ao vagón en que os revisores estaban atendendo unha rapaza que tiña a cara moi colorada e moi inchada, e axiña concluíu que podía ser unha reacción alérxica. A indicación nestes casos é subministrar adrenalina intramuscular canto antes, pero nos trens non hai este medicamento. 

Por megafonía preguntaron se algún pasaxeiro tiña un dispositivo dos que adoitan levar consigo as persoas alérxicas, mentres Bruno e outros colegas médicos que se foron sumando pensaban noutra posible intervención de urxencia.  Por fortuna, si que alguén tiña adrenalina.

A medicación funcionou, pero a experiencia puxo de relevo a cuestión de se esta medicación debería formar parte da caixa de medicamentos dos transportes públicos. Bruno, cre que si, que se pode considerar unha medicación custo-efectiva, pero tamén recalca que para recoñecer unha persoa que precisa adrenalina quizais fai falta algo máis de información. Neste caso, por sorte, confluíron os dous factores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos