Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha moza italiana é evacuada de Cíes tras sufrir unha reacción alérxica

Unha moza italiana é evacuada de Cíes tras sufrir unha reacción alérxica

A turista, de 26 anos, foi trasladada en helicóptero a un centro hospitalario 

Imaxe de arquivo do peirao de Rodas, nas illas Cíes Imaxe de arquivo do peirao de Rodas, nas illas Cíes
G24.gal 07/06/2026 18:52

Unha turista italiana de 26 anos foi evacuada este sábado en helicóptero ao Hospital Meixoeiro de Vigo, tras sufrir unha reacción alérxica grave mentres se atopaba nas Illas Cíes, dentro do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Segundo informaron fontes do parque, a moza foi atendida inicialmente polo servizo sanitario deste espazo natural pero posteriormente tivo que ser trasladada ao hospital polo helicóptero do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, nunha evacuación coordinada polos axentes da illa.

O traslado realizouse desde o peirao de Rodas, no espazo habilitado para a aterraxe de helicópteros, e a intervención desenvolveuse con total normalidade dentro do protocolo de evacuación previsto polo parque.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade