Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan os agresores de dous mozos nas festas de Conxo, en Santiago

Buscan os agresores de dous mozos nas festas de Conxo, en Santiago

Dúas pelexas distintas, no mesmo sitio, case á mesma hora e por motivos semellantes

A un craváronlle unha navalla e a o outro pateárono ata deixalo inconsciente: "Protexín a cabeza coas mans"

G24.gal 15/09/2026 14:13

Intercambio de golpes ata que sacan de navalla. Un grupo contra un mozo. Sorte que puxo a man diante.

"Foron todos contra el e puxo a man".

"Non é o mesmo grupo. Son dous casos diferentes, que sucederon case á mesma hora pero son dous grupos", confirman a propia vítima e a nai dun dos agredidos.

Sospeitan dunha banda de mozos latinos que xa tiñan ameazada a súa vítima. Un rapaz de 19 anos que, segundo parece, unha noite tivo a mala sorte de coñecer unha das súas.

Por un motivo semellante, por un problema sentimental, por un despeito mal entendido, empezou tamén a outra agresión.

"Eu ía coa miña parella e estaba alí a miña ex e mirábame con cara de rabia, que non sei porque ten esa carraxe. Cando me dei de conta veu unha amiga súa e empezou a insultarme", relata o mozo. 

Increparon elas e axudaron eles. 

"Agarráronme, tiráronme dos pelos, lanzáronme ao chan e abalanzáronse oito ou dez persoas a patearme a cabeza. Eu estaba inconsciente pero, polo que me dixeron, seica ela tamén me pateou a cabeza, que foi a que máis se asañou", engade. 

Non era a primeira arremetida, pero desta vez fóiselles a man. 

"O meu fillo protexeu a cara cos brazos e, de milagre está hoxe aquí porque tantas persoas golpeándolle a cabeza no chan", lamenta a nai. 

Acabou a noite no hospital, con golpes físicos e cos emocionais, máis profundos. 

"Agora estou con tratamento porque non dou durmido. É unha pena", quéixase o mozo, aínda en shock.

Da súa malleira non conseguiron imaxes. Piden axuda, fotos, vídeos, testemuñas.

"Por favor, que non teñan medo porque temos que parar a este grupo de xente. Sabemos quen son, están acostumados a agredir a outras persoas", pide a nai. 

Por sorte, os dous rapaces salvaron desta e xa se recuperan na casa das lesións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade