A letra pequena das etiquetas
A OCU reclama que se amplíe o tamaño da grafía para facilitar a lectura da información que debe aparecer obrigatoriamente nos produtos
As lentes convértense case nun complemento imprescindible para moitas persoas á hora de facer a comprar. Aínda así, moitos consumidores recoñecen que a letra da etiquetaxe é tan pequena que se fai case imposible a súa lectura. Segundo a normativa a tamaño mínimo é de 1,2 milímetros para a maior parte dos produtos, podendo reducirse un chisco nos envases máis pequenos.
Na etiquetaxe, ademais dos ingredientes, atópamos o valor nutricional por cada 100 gramos ou os alérxenos, entre outros datos como o modo de conservación ou uso. Información obrigatoria fundamental, din dende a OCU, para que os consumidores elixan entre uns produtos ou outros. Por iso levan tempo reclamando que se cambie a normativa e se amplíe a letra a un mínimo de 3 milímetros.