Liberdade para os oito detidos por tráfico de drogas no Barco de Valdeorras
A Fiscalía non pediu prisión provisional para ningún, pero si a medida cautelar de privación e tenza de armas para dous dos arrestados, que foi aceptada
Os arrestados pasaron a disposición xudicial este xoves
A xuíza do xulgado número 1 do Barco de Valdeorras decretou a posta en liberdade das oito persoas detidas nun operativo contra o tráfico de drogas.
Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Fiscalía non pediu prisión para ningún e acordaron, a pedimento do Ministerio Público, a medida cautelar de privación de tenza e porte de armas para dous dos detidos.
A causa polos delitos de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal está baixo segredo de sumario. O operativo tivo lugar na xornada do mércores cando axentes da Garda Civil, apoiados por un helicóptero, realizaron varios rexistros domiciliarios no municipio ourensán.