Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Segovía por ocultar o cadáver do pai ano e medio para cobrar a pensión

Detido en Segovía por ocultar o cadáver do pai ano e medio para cobrar a pensión

Foi o arrestado, un mozo de 25 anos, o que chamou a Garda Civil para confesar os feitos

A falta dos resultados da autopsia, semella que a morte foi por causas naturais

Europa Press Europa Press
G24.gal 18/09/2026 19:32

Axentes da Garda Civil de Segovia detiveron un mozo de 25 anos por esconder, durante ano e medio, o cadáver do seu pai nun armario para seguir cobrando a pensión.

Segundo confirmaron desde a Subdelegación do Goberno, os axentes acudiron a un domicilio do municipio de Torrecaballeros despois de que o procesado chamase para declarar os feitos.

Unha vez alí, os gardas civís comprobaron que o corpo sen vida se atopaba nunha estancia da vivenda, polo que detiveron o mozo ao que conduciron ao cuartel da localidade segoviana de La Granja, onde prestou declaración antes de pasar á disposición xudicial.

A autopsia determinará se o vínculo do finado co detido é real e se presentaba algún signo de violencia, aínda que en principio apúntase a unha morte de forma natural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade