Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan unha moza de 25 anos desaparecida en Vigo o pasado 9 de setembro

Buscan unha moza de 25 anos desaparecida en Vigo o pasado 9 de setembro

SOS Desaparecidos achega o teléfono 868 286 726 e a dirección de correo info@sosdesaparecidos.es para quen poida achegar información sobre o paradoiro desta nova

Imaxe da moza desaparecida en Vigo. SOS Desaparecidos Imaxe da moza desaparecida en Vigo. SOS Desaparecidos
G24.gal 18/09/2026 20:25

A asociación SOS Desaparecidos activou unha alerta pola desaparición, en Vigo, dunha moza de 25 anos de idade, da que se descoñece o seu paradoiro desde o pasado 9 de setembro.

Segundo os datos achegados pola entidade, a moza chámase Meheret G.D., é de complexión delgada, mide 1,55 m de estatura e leva trenzas vermellas e varios 'piercings'.

SOS Desaparecidos achega o teléfono 868 286 726 e a dirección de correo info@sosdesaparecidos.es para quen poida achegar información sobre o paradoiro desta nova.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade