Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido como presunto autor dun incendio forestal en Ponteareas

Detido como presunto autor dun incendio forestal en Ponteareas

As primeiras estimacións, calculan que arderon 3 hectáreas aínda que a evolución é "favorable"

Europa Pres-Arquivo Europa Pres-Arquivo
G24.gal 18/09/2026 20:40

Un home foi detido como suposto autor dun incendio rexistrado na tarde deste venres en Ponteareas. Fontes da Garda Civil confirmaron a Europa Press que, froito da colaboración veciñal, puido efectuarse a detención en relación ao lume que se iniciou pasadas as 17.30 horas.

Fontes da Consellería do Medio Rural trasladaron que o incendio afectou, segundo as medicións provisionais, a unha superficie dunhas 3 hectáreas, aínda que a evolución é "favorable". Co fin de extinguilo mobilizáronse cinco axentes, 14 brigadas, seis motobombas, unha pa, dous técnicos, cinco avións e catro helicópteros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade