Paixón polas tortas de queixo no Cheesecake Fest da Coruña
Propostas creativas e saborosas para a sobremesa de moda
As tortas de queixo están tan de moda que xa teñen festival propio. O Cheesecake Fest adozou a fin de semana da Coruña con sabores inimaxinables. A torta da pantera rosa sorprendeu nunha unha cita para lambóns na que o difícil era decidirse por unha única proposta.
"Notabamos que había morriña por ese biscoito tan entrañable que comeron os noso avós, os nosos pais e nós mesmos de pequenos", asegura Luis Vila, que trouxo as súas tortas dende Monforte de Lemos.
"Creo que a torta de queixo triunfa mesmo entre os que non gustan do queixo", explica Marcos no seu posto.
Non faltaron as máis tradicionais, aínda que case todos buscaban experiencias novas.
"Probei a de pistacho, a de Filipinos e a de Oreo", enumera unha cativa.
Gústame a clásica, pero cando ves a un sitio así apetéceche probar sabores diferentes e cousas novas", di outra asistente.
En pequenas caixas como se fosen unha xoia. A paixón polas tortas de queixo consolídase en Galicia.