Os artesáns do Mercado da Arte do Calvario venderon os seus produtos únicos en oitenta postos
Por un día os oitenta postos habituais da praza teñen á venda produtos únicos procedentes dunha pequena industria sostible e circular
A Praza do Calvario de Vigo acolleu o "Mercado da Arte", con máis de 80 postos onde os tendeiros poñen en valor a relación directa e persoal cos seus clientes emulando o comercio dos barrios cada vez máis infrecuente.
Os postos habituais de peixe, froita ou carne deste mercado do Calvario, que ten cento un anos, estiveron ocupados este domingo por uns tendeiros e tendeiras non habituais. Por un día os oitenta postos teñen á venda produtos únicos procedentes dunha pequena industria sostible e circular.
"Este mercado é moi idóneo porque está ubicado nun barrio de moita solera de Vigo, un sitio onde se segue a facer vida de barrio. Este evento está moi aceptado polas sús xentes. Despois o edificio con todo o que conleva ser un mercado tradicional. Son cousas que desde "Non todo o peixe está vendido" queremos fomentar e manter", conta a TVG Ester López, unha das promotoras do Mercado da Arte do Calvario.
Aquí os clientes e os artistas, os costureiros, os artesáns establecen unha relación directa cos seus clientes como era antes nos pequenos barrios coma este do Calvario. E como as promotoras do evento queren que volva ser. E así xa van once edicións deste mercado que se chama "Non todo o peixe está vendido".
"Busco orixinalidade que é algo que non se atopa en calquera sitio. O prpoduto fabricado a man que xa é difícil de atopar, que sempre levamos todos todo igual. tamén veño a apoiar, sobretodo, a unha amiga" matiza Alicia Uroz, unha clienta do Mercado.
"Non é igual comprar algo que ven de China ou de calquera lado que tratar coa propia xente que o fai a man. Todo esto sabes que é un traballo feito a man, que leva o seu traballo", explica Ángel Rocha, un cliente do Mercado.
"Mulleres con cousas na cabeza" "Empecei facendo pantis e calcetísn e agora estou persoalizando roupa. E a verdade é que está a ser un traballo moi interesante porque son pezas únicas para mulleres especiais que lles gusten as cousas diferentes", engade Belinda Besada de "Mulleres con cousas na cabeza"
"A diferencia do que ofrece a industria nós ofrecemos ese diálogo, ese coñecer o que hai detrás de cada peza e de cada persoa que está a traballar o produto tamén", conta a TVG Mario López, xoieiro e ceramista.
"Aquí está sendo moi grata a resposta da xente. Moita xente que pregunta e quere saber o que facemos a asociación. As cousas que tivemos á venda pola mañá voaron. Así que a xente moi comprometida e moi ben a experiencia", conta a TVG Susana Rodríguez, da Asociación "De Gaza ao Mundo"
Esta edición a organización invitou a Asociación "De Gaza ao Mundo" e todo o que se vendeu neste posto irá destinado a 35 familias palestinas de Gaza.