Cargando resultados...
O mercado municipal de Ares celebra un século de vida
Fai 100 anos como exemplo de patrimonio vivo
O Concello planea obras de mellora con novos postos
G24.gal
09/06/2026 14:54
Cen anos despois da súa inauguración, as portas do mercado de Ares seguen abertas para todos aqueles que gocen de mercar en familia.
A tenda de María e o seu azafran, o peixe fresco de Elena ou a taberna de Cris manteñen vivo este emblemático edificio deseñado polo arquitecto racionalista Antonio Tenreiro aló polo 1926.
Agora avecíñanse cambios, con obras de mellora e o proxecto dunha entrada con vistas ao mar.
De feito, a praza conta cun curioso servizo de probador para a roupa do mercado nun dos seus laterais. Novos usos para novos tempos en que o vello mercado busca reinventarse para cumprir, polo menos, outros cen anos máis.