Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moitos peregrinos celebran a chegada a Santiago cunha tatuaxe relacionada co Camiño

Moitos peregrinos celebran a chegada a Santiago cunha tatuaxe relacionada co Camiño

O camiño de Santiago é unha experiencia que marca e hai quen decide que o último selo do camiño quede marcado na pel

Os estudos da cidade fan cada ano milleiros de tatuaxes xacobeas. Algúns mesmo teñen ofertas especiais para os peregrinos

G24.gal 21/03/2026 13:56 Última actualización 21/03/2026 14:30

Unha experiencia de por vida é o que din levar os peregrinos que fan o Camiño de Santiago. Para inmortalizar esta lembranza moitos deciden poñer o derradeiro selo na pel.

"Quixen facer a cunchiña típica de Santiago porque para min foi unha experiencia moi enriquecedora. É o meu primeiro Camiño, fun soa, fixen unha grande amiga... É unha cousa que me apetece e que mellor sitio que facelo aquí, antes de marchar para a casa."

"Faría un selo, de todos os que nos puxeron polo Camiño, escollería un para facelo."

Cada vez son máis os peregrinos que queren gravar na pel un recordo da experiencia. Os estudos da cidade fan milleiros destas tatuaxes cada ano.

"Tatuamos máis ou menos unhas sesenta ou oitenta persoas cada día en cada un dos estudos." Explica o tatuador Ethan Clay. 

Entre os motivos máis demandados están as cunchas de vieira ou as frechas que marcan o percorrido. Pero tamén se pode personalizar o deseño para adaptalo á experiencia persoal de cada un.

"Hai quen personaliza as tatuaxes, quen fai, por exemplo, un polbo porque é moi titpico de Galicia e ponlle unha mochila detrás ou botas..." Di Ethan Clay.

E mesmo hai quen se tatúa para conmemorar algo máis que a experiencia do camiño.

"Xente que se coñeceu no Camiño, que se namorou no Camiño e que a día de hoxe seguen xuntas. Unha parella que se coñeceu no Camiño fará uns tres anos e hai pouco volveron por aquí."

"Ademáis estamos de lúa de mel, así que é o mellor recordo."

Con ou sen tatuaxe, o certo é que o Camiño de Santiago é unha experiencia para lembrar toda a vida.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade