Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os efectos das tatuaxes: as tintas circulan polo sistema linfático e acumúlanse nos nódulos

Os efectos das tatuaxes: as tintas circulan polo sistema linfático e acumúlanse nos nódulos

Iso é o que apuntan 20 grupos de investigación de varios países liderados polo profesor galego-suizo Santiago Fernández

Os expertos en inmunoloxía piden non facer lecturas alarmistas

G24.gal 03/12/2025 14:47

A idea principal do estudio liderado por Santiago Fernández, profesor da Universidade de Lugano e natural de Vilanova de Arousa é que as tatuaxes non son só un procedemento cosmético, porque poden ter implicacións para a saúde: o  que viron tras sete anos de estudo é que a tinta dos tatuaxes circula polos vasos linfáticos.

"A tinta acumúlase nos nódulos linfáticos. Vímolo en modelos animais, pero tamén en mostras humanas de pacientes que por algún motivo sufriron algunha intervención que lle leva a analizar os nódulos e vemos como están cheos de tinta", explica Santiago Fernández, o profesor da Universidade de Lugano e director deste grupo investigador

Para "dixerir" eses pigmentos as células do sistema inmune provocan unha reacción inflamatoria, que se pode manter no tempo afectando a como o sistema inmune recoñece os patóxenos.

"Tampouco se trata de alarmar á xente pero faltan estudos desde o punto de vista epidemiolóxico que avalíen o impacto real desa tinta", declara Santiago Fernández, o profesor da Universidade de Lugano e director deste grupo investigador

España é o sexto país máis tatuado do mundo, preto do 15% da poboación. 

Preguntamos polos efectos destas tintas no Clínico de Santiago onde non observaron patoloxías graves asociadas ás tatuaxes. Din que  ata agora todo os estudos en persoas demostraron un o risco  irrelevante: o tabaco é, por exemplo, 30 veces maior

"Que a tinta chega ao noso sistema inmune, si. Daquí  a traducir que hai maior risco de cancro ou menor resposta a vacinas, non. Non hai nada demostrado", declarou José Rial, xefe do Servizo de Inmunoloxía do CHUS

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade