O éxito dos 'panettones' feitos polas monxas clarisas de Ourense
Fano todo á man, sen aditivos, sen présa e con moito amor, din
O seu éxito está sendo tan grande que o ano pasado elaboraron 6.000 unidades destes
As irmás clarisas reparadoras do mosteiro de Vilar de Astrés, en Ourense, abríronnos as portas da súa cociña para contarnos como elaboran o seu famoso panettone artesán.
Ás nove da mañá as irmás clarisas reparadoras do mosteiro ourensán de Vilar de Astrés comezan a súa xornada elaborando os seus prezados panettones artesanais.
Ata que conseguiron a receita do éxito: con produtos de calidade, masa fresca, unha fermentación lenta, moita paciencia e amor. Agora do seu obradoiro saen ao día uns 150 panettones.
Hai cinco anos que comezaron coa elaboración deste doce típico do Nadal e o seu éxito é tal que viaxan desde Ourense por toda Galicia e tamén fóra. O ano pasado elaboraron 6.000 unidades. Poden mercalos nalgunhas pequenas tendas en Ourense ou directamente na súa paxina web: clarisasreparadoras.com.