Publicador de contidos

Publicador de contidos

A mercería viguesa que segue pasando de xeración en xeración case 75 anos despois

A mercería viguesa que segue pasando de xeración en xeración case 75 anos despois

A Mercería Saldaña é un deses comercios que poden co paso do tempo e ten colas de clientes cada día

Mauxi Saldaña xa ten a vista en xubilarse e pasarlle o negocio á súa nora Naiara

G24.gal 02/12/2025 21:26 Última actualización 02/12/2025 21:53

Coñecemos outro deses comercios de toda a vida que, aínda nestes tempos, continúan pasando de xeración en xeración.

Neste caso, visitamos unha mercería de Vigo que está a piques de cumprir 75 anos e segue tendo clientes facendo cola.

"Se marcho choras, a que si?", pregunta a dona de Mercería Saldaña, Mauxi Saldaña

E compañeiras e clientas responden que si, que todas chorarán. Andan como demostrando que unha mercería é máis ca unha mercería.

Pero Mauxi vai mirando xa para a xubilación. Ela é segunda xeración deste negocio de décadas. E preguntámoslle polo segredo para resistir tanto no tempo.

"A diferencia é que o Chat GPT non te aconsella como aquí", resume 

Repiten que as dependentas e as clientas comparten moito no día a día.

"Somos coma unha familia", di Mauxi

E tamén están os clientes. Contan na mercería que todos adoitan reparar no cartel da "Oferta só para chicos guapos". 

"E todos din que van levar un, que eles tamén son guapos. Hai que ter sempre sentido do humor", ri Mauxi

Aquí pódense ver cousas que non se atopan noutro lado.

"Cousas que non hai na Internet, así que vén moita xente nova, e non vexas o agradecidos que son"

E tamén para atender vai entrando xente nova. A mercería seguirá quedando na familia.

"Eu son a sogra e Naiara é a nora, pero levámonos ben", rin Mauxi e Naiara

Naiará é a terceira xeración do negocio.

"Pensaba que non me ía gustar, pero o trato coa xente foi mellor do que esperaba. Mais isto é un oficio, non un traballo que aprendas dun día para outro. Leva moito tempo", conclúe Naiara, a encargada vindeira

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade