Moitos preparativos nos días antes de Defuntos
Ósos de santo, flores e cemiterios acaparan estes días toda a atención
Na xornada previa a Defuntos xa está case todo listo para honrar os nosos seres máis queridos. Día de moita trasfega en camposantos, florerías e tamén pastelarías. Os doces de Santos acadan cada ano máis protagonismo. Con todo, o abano de doces de Santos é amplo e variado. Estes días os escaparates das pastelarías galegas locen unha infinidade de posibilidades. Pero entre elas, si, triunfan os ósos de Santo, recheos de todo tipo de cremas. Xunto coas chulas son os reis nas sobremesas de Defuntos.
O mesmo lles pasa aos crisantemos, a flor preferida para honrar os nosos seres queridos. As florerías viven días de intenso traballo. O que máis se demanda son os centros. Chegadas estas datas, as flores é unha tradición á que dificilmente se renuncia. Esperar á última hora, ás veces, é unha garantía.
Varios días levan preparándose os camposantos para Defuntos. Toca limpar, deixalo todo listo para vestir con flores o recordo dos que xa non están. Este venres chovía arreo no cemiterio de Boisaca en Compostela, pero a auga só desloce, non impide acompañar os seres queridos.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
                 
            
        