As salesas de Lugo adózannos o Nadal con variedade de doces artesanais
Troncos, galletas ou roscón son os doces artesanais que axudan á economía do convento
Non empregan nin conservantes nin aditivos e a elaboración é completamente natural
Dende hai anos as salesas de Lugo adozan o Nadal dos lugueses cunha variedade de repostería artesanal na que hai galletas, roscón, pastas ou madalenas. Non empregan nin conservantes nin aditivos, e a elaboración é completamente natural, sen ningún tipo de químicos.
Cos doces, as monxas tratan de xuntar algo de diñeiro para axudar á economía do convento, unha congregación de clausura na que conviven oito monxas, tres delas de orixe española e cinco de orixe africana.
Para promocionárense utilizan as redes sociais, entre elas Instagram, nas que mostran con fotografías e texto as diferentes sobremesas que elaboran e que os amantes do doce poden mercar.