Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vida tras a muralla dun mosteiro de clausura

A vida tras a muralla dun mosteiro de clausura

O mosteiro das Bernardas, en Ferreira de Pantón, abre novos espazos aos visitantes

A Casa das Donas amosa as antigas celdas, con habitacións para señoras e criadas

G24.gal 30/03/2026 20:56

Tras a muralla de pedra do mosteiro das Bernardas, prevalece a calma dun espazo de clausura. Máis de cinco séculos de historia ábrense ao visitante, que pasea polos lugares antano reservados ás donas e as súas criadas.

Beatriz Pérez Pereira, guía de Máis que Románico: "A peculiaridade é que eran grandes damas, moitas veces viúvas. Elas entraban coas criadas, co seu servizo".

Ata agora, as visitas estaban restrinxidas ao claustro e a igrexa, onde tamén hai novidades. Unhas pinturas murais do século XVI que empezan a aflorar timidamente.

Sen invadir a zona de clausura, onde aínda residen sete monxas, os visitantes paséanse por espazos rescatados do tempo, como a antiga cociña.

"Moitas escollían isto porque era unha maneira de crecer culturalmente, estar tranquilas, cultivar terras...", explica a guía.

Pegadas dunha historia vinculada aos labores da Ribeira Sacra.

"A min interésame como nos contan a vida destas persoas, dedicadas ao retiro, o sacrificio". "Eu teño curiosidade desde unha perspectiva feminista: saber como era a vida de todas estas mulleres, se elixían, se non elixían...", comentan dúas visitantes.

Un paseo pola historia desde o recollemento do mosteiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade