Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta eleva o limiar de renda para acceder a unha vivenda protexida

A Xunta eleva o limiar de renda para acceder a unha vivenda protexida

O Consello da Xunta aproba a Estratexia de Impulso da Vivenda Protexida, e que equipara o nivel de ingresos para acceder a un innmoble aos establecidos para as públicas

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 04/05/2026 11:26 Última actualización 04/05/2026 16:05

O Consello da Xunta aprobou este luns a Estratexia de Impulso da Vivenda Protexida en Galicia, que, entre outras medidas, equipara o nivel de ingresos para poder mercar un destes inmobles aos das vivendas públicas

Recentemente, no debate sobre o Estado da Autonomía o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciaba a elevación do limiar de renda para poder acceder a unha vivenda pública, co obxectivo de que máis persoas poidan ser solicitantes dun destes inmobles, e co acordo deste luns ese nivel de renda será o mesmo para poder adquirir unha vivenda protexida.

A modo de exemplo, unha parella cun fillo, que ata o de agora tiña un teito de ingresos de 2.250 euros brutos mensuais, pasará a máis de 3.500 euros de límite. Ademais, no caso das familias numerosas, o teito elevarase a 4,5 veces o IPREM, de forma que un fogar con dous proxenitores e tres fillos poderá acceder a unha vivenda protexida sempre que non supere os 4.150 euros brutos mensuais de ingresos.

A estratexia aprobada tamén reduce a carga impositiva para as vivendas protexidas, cunha bonificación do 100 % do imposto de actos xurídicos documentados e solicitará ao Estado que reduza o IVE ao 4 %.

Ademais, avanzou que se establecerán axudas para os concellos que rehabiliten vivendas municipais e para os promotores que constrúan inmobles protexidos para poder abaratar o custo de construción.

Ao respecto, a conselleira destacou que Galicia ten a sorte de "contar cun sector totalmente implicado" que vai da man da Xunta, pero considerou necesario "buscar un equilibrio entre os prezos máximos da vivenda e as axudas que faga atractivo e que faga viable a construción de vivenda".

Ademais, tamén en materia de vivenda, o Consello da Xunta acordou licitar por 10,7 millóns de euros as obras de construción de 59 vivendas de promoción pública na zona de Paradai, en Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade