Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Museo Provincial de Lugo amosa a evolución dos xoguetes do pasado século

O Museo Provincial de Lugo amosa a evolución dos xoguetes do pasado século

Os enredos pertencen a unha colección que doou o seu propietario, Xosé Lois Basanta, á entidade cultural, e que inclúe obxectos desde os anos 20 aos 70

G24.gal 17/12/2025 20:57

Xoguetes para entreter, para pensar, para xogar. Nunha mostra do Museo Provincial de Lugo atopamos obxectos que nos falan do paso do tempo. Expón a directora da entidade cultural que inclue "desde eses primeiros xoguetes elaborados artesanalmente" ata os feitos en serie. 

Son xoguetes que miramos con nostalxia, que lembran tempos de felicidade, houbese ou non cartos para compralos.

Nesta exposición máis que xoguetes hai pezas únicas que fixeron gozar ao seu propietario que co tempo acabou por doalos ao Museo lucense. 

Teñen para vela ata o próximo mes de febreiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar