O Tamagotchi fixo 30 anos e segue moi vivo, sen deixar de esixir que o coiden con esmero
Nacido no Xapón, pronto se popularizou polo planeta adiante nunha época en que pasabamos do analóxico ao dixital
Aquela mascota virtual que se popularizou en todo o mundo a finais dos anos noventa, o Tamagotchi, fixo 30 anos e segue moi vivo. Iso si, non deixa de esixir que o coiden con moito esmero.
Pola rúa non é difícil atopar quen ten ou tivo recentemente un destes dispositivos, que acaban morrendo se nos se lles presta puntual atención.
"Fan caca, teslles que dar medicamentos, tes que sacalos a pasar, espertalos...", explica o encargado dunha xoguetería Din y Don, Adrián Mallo.
Contan na tenda que o Tamagotchi segue sendo para todas as idades e que non deixa de venderse nin co paso dos anos.
"O novo, o Paradise, esgotouse xa antes de Papá Noel. Do de sempre quédanos aínda algunha unidade, pero pouquiñas".
E se nas versións de antes un Tamagotchi podía ter un fillo con outro, hoxe en día a cousa vai bastante máis alá.
"Agora nos novos xa non coidas dunha soa mascota, coidas dun planeta enteiro", apunta Adrián Mallo.
Despois de máis de 100 millóns de Tamagotchi vendidos polo mundo, despois de 30 anos, O Xapón celebra o aniversario cunha exposición itinerante.
Moitos miran con nostalxia aquel tempo en que estabamos pasando do analóxico ao dixital.