De bonecas e vaqueiros a tabletas e pokemons, así evolucionan os gustos dos máis pequenos para Reis
A tecnoloxía é das cousas máis demandadas aos Reis Magos pola rapazada
Hai trinta anos os que daquela eran nenos, soñaban "cunha boneca, indios, vaqueiros, unha bicicleta...", e hoxe as cartas aos Reis Magos están cheas de "pokemons ou superthings".
A tecnoloxía impón novas regras e crea novos intereses aos rapaces. "Están sempre cunha tableta, un ordenador... o movemento do dedo ese, xa nacen con el", comenta un pai.
E mentres que os pequenos soñan co que está por chegar, os maiores lembran o que xa foi e tratan de conservalo.
"Na rúa era onde mellor o pasabas, e sen perigo ningún; e con xogos de familia... o Monopoli".
Os pais son máis os que buscan xogos educativos e que favorecen o tempo en familia e o acompañamento: "eu son fan dos xogos de mesa, contos e manualidades".
Porque por moito que cambien os tempos e os xoguetes, a maxia do Nadal non entende de modas.