Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Reis buscan nas xogueterías os últimos encargos dos cativos

Os Reis buscan nas xogueterías os últimos encargos dos cativos

Xoguetes tradicionais e xogos de mesa seguen estando entre as peticións máis habituais da rapazada

Algunhas das encargas aos Reis van ser difíciles de cumprir porque xa están esgotadas

G24.gal 03/01/2026 21:18 Última actualización 03/01/2026 22:01

Os carteiros andan estes días apurados recollendo as últimas cartas que teñen que facer chegar a Oriente. Os mensaxeiros xa contactaron coas maxestades para comunicarlles as últimas peticións dos cativos, algunhas, en días coma o de hoxe, máis fáciles de cumprir ca outras. 

"O paxe está xa que non pode máis", comenta Baltasar

"Pídennos moitos coches, tractores, cousas de motor. Tamén piden casas de bonecas e moito material deportivo. Piden tamén moito material deportivo e iso gústame, que os nenos e nenas fagan deporte", di Melchor

"Houbo un que me sorprendeu que só quería unha cousa na súa listaxe: a paz no mundo. Díxenlle que a ver se pode ser porque levamos séculos en busca dela pero o mundo é tan grande... que faremos o que poidamos

Non saben se poderán con todo, e máis vendo as encargas tan concretas que teñen. E iso que hoxe pasaron o día revisando as xogueterías.

"Unha pista de Hot Wheels co dragón enriba. Se lle das ao dragón cae para abaixo

"Eu un supermercado e unha Elfa rapaza, porque o Elfo rapaz xa o ten meu irmán. E tamén unha casa de trapo que ten chave

"Figuras de Stranger Things"

En xogos de mesa observamos moitos que piden o de toda a vida e aos máis pequenos gústanlles moitos os que son de madeira non de plástico", di Manuel, xogueteiro

Os reis astrónomos guiaranse ata cada unha das nosas casas polas estrelas, pero debemos ter en conta que ás veces non traen todo o que lles pedimos porque eles tamén saben o que realmente precisamos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade