Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un bar cóbralles a uns clientes por entrar co carro do bebé

Un bar cóbralles a uns clientes por entrar co carro do bebé

FACUA di que  só se poden facer este tipo de cargos se o cliente está informado adecuadamente e acepta

G24.gal 03/04/2026 16:43

Non debería... pero ocorreu. Uns clientes denunciaron nas redes que lles cobraron un suplemento por entrar co carro do bebé nun bar. 

Un vermú, dous refrescos... e 1,20 de recarga por entrar co carro.

Tan abraiados quedaron os clientes que publicaron o caso nas redes, a través da coñecida conta de X "@soy camarero". Axiña chegaron centos de respostas preguntándose que será o seguinte.

Mesmo hai quen cuestiona a legalidade deste tipo de cobros. A organización de consumidores FACUA teno claro: só se poden facer se o cliente está informado adecuadamente e acepta.

Sexa legal ou non, a maioría ten claro que nunca volvería a un bar onde levar a pequena tarifa extra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos