Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os militares destinados na misión antártica adéstranse estes días no Grove

Os militares destinados na misión antártica adéstranse estes días no Grove

O contixente español dará apoio á base científica Gabriel de Castilla durante o verán austral

G24.gal 15/09/2026 15:11

Un continxente militar prepara estes días no Grove a misión que os levará ata a remota illa Decepción, na Antártida. Alí acompañarán os científicos españois que traballan nun dos lugares máis inhóspitos e misteriosos do planeta. 

Á illa Decepción chégase tras catro días de navegación polo mundialmente coñecido como estreito de Drake, o pirata.  O único militar que repite misión na zona por terceira vez prefire chamarlle Mar de Hoces, "polo español que o descubriu", pero ese mar navegouno xa un par de veces . "Eu xa debería ter un par de pendentes", -di o encargado dos motores, dos barcos e dos grupos electróxenos- en referencia á lenda que di que os navegantes facían ese xesto tras superar o cabo de Fornos.

Ao cargo da intendencia desta expedición está unha muller, encargada de que non falta nada para catro meses de supervivencia a 1.000 quilómetros da civilización. En total son trece militares para coidar da 40º expedición á Antartida dos científicos españois.

"Darlles protección, seguridade, temos que levalos aos puntos onde fan os experimentos. E hai que ter en conta que a Illa Decepción é un volcán e o mar entrou no cráter polo que todos os movementos da illa se fan en embarcación", dixo Emilio Arias, comandante xefe do 40 continxente antártico do Exército de Terra.

Base Gabriel de Castilla, na Illa Decepción Base Gabriel de Castilla, na Illa Decepción

"O Grove é unha zona moi axeitada para a instrucción porque temos moitas praias e zonas rochosas, moi similares ao que hai alí", explica David del Campo Capitán, o xefe da Área de Navegación e Movemento

Médicos e veterinarios militares forman parte desta misión para o apoio e protección aos investigadores que desenvolverán en Illa Decepción un traballo esencial para coñecer e mellorar a vida no planeta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade