Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un marinense perde ou lle rouban 600 euros en décimos de Nadal

Un marinense perde ou lle rouban 600 euros en décimos de Nadal

Xa hai denuncia en Comisaría, o problema é que algúns números non os lembra

G24.gal 17/12/2025 19:56

Un veciño de Marín perdeu trinta décimos de lotería de nadal pola rúa, son participacións que ía compartir coa familia por valor de 600 euros. Algúns números coñéceos pero outros non, porque mercou por toda a vila.

Os  seus achegados piden que quen os teña os devolva xa que ademais dos cartos están a xogar coa ilusión de toda unha familia.

O afectado que xa puxo denuncia en comisaría. É un home de 71 anos que vive na rúa da Ponte, moi preto da administración de lotería número un da vila, onde adquiríu algúns dos décimos e onde se achegou a preguntar se alguén os atopara.

Televisión de Galicia puido falar telefónicamente cunha das súa fillas, titular dun taxi na localidade, pero non quixo facer declaracións formais a cámara.

Segundo algunhas fontes o home levaba os décimos nun cartafol de plástico dentro dunha carteira e cando foi ver a carteira xa estaba aberta e sen décimos.

O que atopou os décimos podería ter problemas porque existe unha denuncia e algúns dos números sí que son coñecidos pola persoa que os mercou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade