Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tentativa de roubo nunha escola de música e danza de Catro Camiños, na Coruña

Tentativa de roubo nunha escola de música e danza de Catro Camiños, na Coruña

Os ladróns romperon o vidro cunha pedra

Piden máis vixilancia policial e medidas urxentes para poder durmir tranquilos e traballar con normalidade

G24.gal 17/12/2025 14:35

Completamente roto quedou o vidro da porta tras o intento de roubo nesta escola de música e danza de Catro Camiños. "A porta é blindada. Está toda rota, pero, por sorte, non conseguiron entrar. Golpearon moitísimo con pedras", explica Cristina Goás, directora da escola Presto Vivace.

Aconteceu de madrugada e, ao non conseguiren os ladróns entrar no local, a alarma non soou. Cristina di que estes feitos, malia quedaren nunha tentativa de roubo, teñen moi desgustado todo o equipo. "Desgustados e asustados porque esta semana estamos cos concertos de Nadal dos alumnos. Todo isto foi un inconveniente total", di Cristina.

Cristina considera que non hai policía dabondo, pero si moita sensación de inseguridade na zona. "Homes e mulleres prexudicados polas drogas e alcol e esta zona empeza a ser perigosa cando non tiña que ser así", comenta a directora da escola Presto Vivace.

Reclama, como o resto dos afectados do barrio, máis vixilancia policial e medidas urxentes para poder durmir tranquilos e traballar con normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade