Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen os autores dun roubo nun súper de Moaña tras unha persecución policial

Deteñen os autores dun roubo nun súper de Moaña tras unha persecución policial

Os tres detidos saíron pola caixa con dous carros cargados de comida e agasallos

Dous son de Tui e un de Vigo, de entre 25 e 30 anos, con antecedentes 

Utensilios empregados para o roubo
G24.gal 11/12/2025 14:30 Última actualización 11/12/2025 14:53

Arranxaban as compras do Nadal. Roupa, bixutería e agasallos varios nun carro e comida e bebida no outro. Pasaron a liña de caixas sen pagar e marcharon para o coche, un Skoda azul mal aparcado a poucos metros.

"Tres persoas e fixeron unha compra grande de roupa e comida e baixaron cos carros, viñeron ata este aparcadoiro e marcharon escapados", conta un veciño. 

O xerente do supermercado traoua de detelos, pero de pouco valeu. Se non aparta, lévano por diante. A el e a canto peón e coche atoparon polo camiño, porque saíron queimando roda.

Atravesaron Moaña en dirección Vigo, e non se cortaron en adiantamentos e manobras temerarias.

"Marchou a policía detrás, non sei ata onde", engade o mesmo mozo.

Non foron lonxe. Á uns cinco quilómetros, á altura da Borna, a Policía Local deulles alcance e, pola mansa, botáronse á dereita.

Os detidos son dous veciños de Tui, un home de 30 anos e unha muller de 25, e outro home da mesma idade, de Vigo. Están acusados de furto e xa tiñan antecedentes.

Dous quedaron en liberdade, á espera de xuízo pero o terceiro tivo que xustificarse ante o xuíz porque suma a maiores o delito de conducir de maneira temeraria. A policía recuperou a mercadoría roubada e tamén unha ferramenta para desactivar alarmas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade