As bebidas alcohólicas son o máis roubado nos supermercados de toda Europa
Alcol, produtos de saúde e beleza, carnes, café e chocolate están á cabeza do máis cobizado nas tendas de toda Europa
Logo cada país ten os seus gustos e preferencias
O estudo anual dos produtos máis roubados nos supermercados españois faise dende hai case un lustro. Analiza comunidade a comunidade. Agora amplía o abano e dá o salto a Europa, e os datos volven situar o alcohol á cabeza do máis cobizado na maioría dos países.
"Créoo perfectamente, ten sentido". "Alcol e lambetadas". "Eu vin máis dunha vez alguén metendo unha botella no bolso". "Porque é caro, basicamente", comentan varias persoas
En xeral róubanse os produtos de máis valor e case ningún de primeira necesidade, pero logo os ladróns de cada país teñen as súas preferencias.
"Porque cada país ten os seus costumes e tal, entón cada un terá os seus gustos e o que queiran comer".
Por exemplo en Francia, que é o que máis se rouba?
"Queixo?". "Baguettes". "Uff, a saber, non sei, pois viño". "Porque é o que máis se consume, non van roubar unha pata de xamón, que alí o xamón non se consome tanto como aquí".
O xamón ibérico e o aceite de oliva desaparece sobre todo das tendas en España. Nas de Francia e Países Baixos, o café e no Reino Unido son máis de larpeiradas.
"O chocolate, estaba claro". "Aí rouban de todo, eu estiven en Irlanda e había nenos que roubaban, en plan, entraban na tenda así sen máis, roubaban e os dependentes non facían nada".
Os produtos cosméticos ocupan o segundo posto despois do alcol no ránking europeo. Onde máis se rouban é en Italia, Finlandia, Irlanda e Kosovo. En Portugal, a carne. En Alemaña teñen tendencia aos produtos de panadería; en Croacia polos mariscos e en Andorra polo tabaco.