Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban en Lugo un camión cargado con oito toneladas de cable de cobre

Rouban en Lugo un camión cargado con oito toneladas de cable de cobre

O vehículo foi localizado nun monte, estaba baleiro e non se sabe nada da mercadoría, valorada en 20.000 euros

Todo quedou rexistrado nas cámaras de seguridade da empresa

G24.gal 03/03/2026 13:38

Xa caera a noite cando unha furgoneta aparcou diante dunha empresa de maquinaria de Lugo, dela baixaron tres persoas e empezaron a forzar a cancela, todo quedou gravado nas imaxes das cámaras de seguridade.

"Saltan o valado, entran nas instalacións, collen unha máquina rompen a cancela e sacan o camión", explica Natalia López, propietaria da empresa. 

O vehículo estaba cargado de cable de cobre, unhas 8 toneladas Horas máis tarde aparecía nun monte próximo, atopouno un veciño que paseaba cos cans. Estaba baleiro e nada se sabe da mercadoría 

"Tiveron toda a noite para desfacerse do cobre, había rodeiras de camións, furgonetas", engade Natalia.

Nesta empresa cren que o roubo estaba planeado e que levaban días vixiándoos. 

 "Tíñano planeado e estiveron vixiándonos e espero que a policía dea con eles", di a propietaria da empresa.

O cobre ou ouro vermello é un dos artigos máis cobizados polos amigos do alleo.

 "Pois uns 20.000 euros aos que hai que sumarlle os gastos da cancela que serán outros 7.000", di Natalia López.

Veciños e empresarios piden máis vixilancia policial na zona, porque non é a primeira vez que sofren unha vaga de roubos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade