Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco encapuchados asaltan na casa en Carballo un matrimonio maior e levan xoias e uns 80.000 euros

Cinco encapuchados asaltan na casa en Carballo un matrimonio maior e levan xoias e uns 80.000 euros

Fontes da investigación apuntan que asaltaron o home cando saía da casa para facer a compra, logo inmobilizárono tanto a el como á súa muller e a outras persoas mentres asaltaban a vivenda

G24.gal 12/12/2025 15:29

Un matrimonio maior de Carballo foi asaltado na súa propia casa este venres por un grupo de encapuchados no municipio coruñés de Carballo. Ao parecer o grupo estaba formado por cinco persoas, vestidos con roupa escura, golpearon e inmobilizaron un dos afectados cando saía da casa a facer a compra. Logo fixeron o mesmo, segundo fontes da investigación, coa súa muller, que estaba na casa. Ao parecer, no momento do suceso había outras tres persoas no lugar, que tamén foron reducidas polos asaltantes.

Segundo informan fontes próximas ao caso, o suposto atraco tivo lugar na mañá deste venres no fogar do matrimonio. Os asaltantes apropiáronse, apuntan, dunha "importante" cantidade de diñeiro, posiblemente uns 80.000 euros, e tamén xoias.

O suceso aínda está baixo investigación, neste caso a cargo do Equipo Territorial de Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo. Os afectados tiveron que recibir asistencia sanitaria, xa que o asalto, segundo contan os veciños, foi violento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade