Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban cable de cobre facéndose pasar por operarios de telefonía ou fibra

Rouban cable de cobre facéndose pasar por operarios de telefonía ou fibra

Os roubos de cobre aumentaron máis dun 80 por cento, porque o cobre é o novo ouro 

A tonelada págase a máis de 8.000 euros no mercado negro

 

G24.gal 11/06/2026 13:22

Aparcan na vía pública, sinalizan a zona, sempre preto dunha arqueta de fibra ou telefonía. A simple vista semellan instaladores, pero veñen roubar. É o novo modus operandi dos ladróns de cable de cobre.

"Pasan desapercibidos porque van cos cascos, sinalizan todo", di un home.

Os últimos que pillaron traballaban na mesma Rolda da Muralla de Lugo. A plena luz do día e coa rúa ateigada de xente.

"E moi difícil diferenciar se son traballadores ou ladróns", comenta unha muller.

Os roubos de cable de cobre aumentaron máis dun 80 por cento. O cobre é o novo ouro. Este metal está moi cobizado e no mercado negro o seu valor supera os 8.000 euros a tonelada.

"Aumentan porque págase ben e aos que o rouban dálles igual que os pillen, aos dous días xa volven estar na rúa", asegura un home.

Na última operación a nivel nacional a Garda Civil detivo 39 personas polo roubo de 157 toneladas de cable. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade