Un barco funciona como vivenda turística no porto de Moaña
A embarcación ten prazas para catro ocupantes e custa 250 ao día en temporada alta
Vivir nun catamarán sobre a lámina do mar é posible en Moaña grazas á oferta de Rizón Home Boat.
O barco ten capacidade para catro persoas e dispón de todas as comodidades: aire acondicionado, terraza e mesmo microondas e é autosuficiente enerxéticamente, explica Óscar Caride.
Por douscentos cincuenta euros pódese alugar este barco para catro persoas por noite n temporada alta e gozar da calma do peirao deportivo de Moaña e das vistas da ría desde o camarote, a cociña e a terraza.
O barco ten categoría de vivenda vacacional e está pensado para dúas parellas ou unha familia de catro membros.
A vivenda é autosuficiente e está dotada con todas as comodidades: terraza, cociña, microondas, escritorio, aire acondicionado escritorio e mesmo cafeteira de cápsulas.
O propio Óscar optou por este tipo de vida para os veráns. Caride veu para Moaña hai anos, era unha vila costeira tranquila e pouco saturada, pero axiña se puxo de moda e o porto deportivo xa está cheo e empeza a reducirse o número de prazas de aparcamento.