Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home como autor de tres roubos en Camariñas e Vimianzo

Detido un home como autor de tres roubos en Camariñas e Vimianzo

O detido empregaba un pasamontañas e un coitelo para esixir de forma intimidatoria a recadación

G24.gal 06/06/2026 12:13

A Garda Civil de Carballo detivo a un home de 63 anos como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas e dous delitos de roubo con violencia e intimidación en establecementos comerciais de Vimianzo e Camariñas.

A investigación policial deu comezo por mor das denuncias presentadas polos prexudicados, despois de que ocorrera o primeiro dos roubos o 20 de maio nun establecemento de hostalería situado en Ponte do Porto, Camariñas. O presunto autor subtraeu varias botellas de bebidas alcohólicas e uns 500 euros da caixa.

Na tarde do 30 de maio, asaltou dous locais no municipio de Vimianzo, empregando un pasamontañas para ocultar a súa identidade. 

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil

Sobre as 20.00 horas irrompeu nunha tenda de alimentación utilizando un coitelo para esixir de forma intimidatoria a recadación. Media hora despois, accedeu a unha farmacia da mesma localidade cun coitelo e subtraeu uns 400 euros en efectivo.

No operativo para a súa detención colaboraron a Garda Civil de Vimianzo e Camariñas. O pasado 2 de xuño finalizou coa detención do sospeitoso en Camelle, tras poñelo ao dispor do Tribunal de Instancia de Guardia de Corcubión. 

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade