Cargando resultados...
O presidente de AC Hotels by Marriot fai corenta anos de peregrino a Santiago
Entrou no Obradoiro cun equipo de peregrinos en bicicleta de máis de cen persoas
G24.gal
11/06/2026 14:58
O presidente de AC Hotels By Marriot completou este mediodía a súa peregrinación número 40 a Santiago de Compostela. Antonio Catalán chega acompañado dun equipo de cen persoas, formado por directivos e empregados da cadea hoteleira. Leva catro décadas xa cumprindo a promesa que lle fixo ao Apóstolo cando a súa filla Carlota sufriu un grave accidente.
"A súa nai atropelouna indo marcha atrás, e eu fixen a promesa de vir, e disto fai 36 anos oficiais. Afortunadamente á miña filla Carlota vaille moi ben e tamén a ruta foi perfecta", dixo Antonio Catalán, o presidente de ACHM Hotels by Marriot.